«Ourense está anquilosada»

OURENSE

Cecilia Bello, membro da sección ourensana de Amnistía Internacional

06 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Cecilia Bello representa fielmente o perfil dos voluntarios de Amnistía Internacional. Muller, de mediana idade e adicada á ensinanza. Desde fai máis de dous anos converteuse nunha das persoas que traballa, dende Ourense, polos proxectos internacionais que impulsa a organización non gubernamental. -¿Cal é a situación da delegación ourensana de Amnistía Internacional? -Somos o segundo grupo que se pon en marcha e despois dunha primeira fase de formación xa estamos constituidos como grupo local, con cen socios na provincia. -¿E como programades as vosas actividades? -Dez de nós somos os que constituimos o que podería chamarse un grupo de traballo, con máis responsabilidade e implicación. Neste momento Amnistía estase a centrar na campaña contra a tortura, que se practica en máis de 150 países. Tamén queremos aproveitar a presidencia española da Unión Europea para, a través dun memorandum, pedir que primen os dereitos humanos fronte á seguridade. É unha cuestión que nos preocupa sobre todo despois dos atentados do 11 de setembro en Estados Unidos. -¿Cal é o perfil dos membros ourensanos de AI? -Profesionais liberais, adicados á ensinanza, á avogacía ou á sanidade; estudiantado... xente de mediana idade. É un perfil que coincide có do resto de asociados da organización. -¿Que especificidade aporta Ourense a esta realidade solidaria? -Non hai ningunha característica especial que nos distinga. Ainda que podemos dicir que Ourense é unha provincia, unha sociedade anquilosada, que non se compromete. En xeral, son malos tempos para a movilización social.