Bate Certo pon no mercado o seu compacto «Projecto entropía», grabado no Café Auriense

REDACCIÓN OURENSE

OURENSE

06 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O grupo ourensano Barte Certo ven de poñer no mercado o seu primeiro, e derradeiro, compacto. O traballo Projecto entropía é unha grabación en directo feita por Bate Certo o 10 de marzo de 2001 no Café Cultural Auriense e que agora comercializa a discográfica Zouma Récords. Bate Certo xa non existe como grupo, aínda que na súa traxectoria -como se lembra desde Zouma Récords- amosouse coma «un dos grupos de música tradicional máis prestixiosos de Galicia». Con Projecto entropía os músicos ourensáns pretenderon «ser fieis á súa forma de concebir e manifestar a música en toda a súa traxectoria». Bate Certo, composto polos músicos Marta Vázquez Meiriño, Carlos e Gelucho Pérez Paz, Xavier Paz Garza, Roberto de Andrés Iglesias, Francisco X. Gómez Cano e Iván Area, grabou Proyecto entropia nunha sesión en directo na que se xuntaron os seus amigos no Café Cultural Auriense. Trece temas compoñen este traballo que foi presentado recentemente no establecemento da Praza do Correxidor donde foi grabado. Na súa traxectoria Bate Certo participou en festivais como Santo Estevo de Ribas de Sil, o Punteiro-rock de Vilanova de Lourenzá ou as Noites Folk do Castelo de Maceda.