«Temos un exceso de personal»

La Voz

OURENSE

PILI PROL

JESÚS MANUEL GARCÍA EL CRONÓMETRO José Antonio Feijóo, alcalde de Xinzo

28 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Leva algo máis de cen días como alcalde da vila cabeceira da Limia e síntese «a gusto» cun obxectivo cumplido. José Antonio Feijóo, independente, parece un home feliz coa súa responsabilidade, que non é pouca. -¿Cómo foi este tempo? -Ben, digamos que é un pouco a culminación de todo iste traballo que se plasma agora mesmo nunha realidade. Síntome un pouco preocupado porque me gustaría ter máis medios para facer un montón de proxectos. -Teñen vostedes unha carga de personal. -Non se pode ocultar que ese exceso hipoteca bastante o presuposto, tratamos de palialo coas xubilacións que se van producindo. -¿Canta xente hai aquí? -Pasan de oitenta persoas, unha plantilla excesiva para este concello. -Pero seica non renuncian a proxectos por falta de apoio económico. -Espero que as institucións se sensibilicen. Non creo na marxinación por cor política. -¿É un alcalde a disposición dos veciños? -Debo estar recorrendo as rúas e falando cos veciños, co medio rural, Aquí temos 31 aldeas e hai que vivir con eles os problemas, facerlles ver que os temos en conta e que se fará o máis urxente. -¿Que queda para a vila? -Aquí hai que potenciar o Entroido. Agora mesmos os aloxamentos están ocupados e a participación espontánea dos cidadáns é o máis importante. Sentímonos orgullosos de que así sexa. Viñamos indo a Madrid, este ano non deu tempo. -¿Como se levan os grupos políticos? -No equipo de goberno atopo respaldo e una oposición constructiva, que demostra consecuencia en moitos capítulos.