CARMEN PARADELA O CRONÓMETRO Francisco Fernández, alcalde de Leiro, recuperou a Festa da Vendima
20 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Naceu cando a década dos sesenta comenzaba, rexurdiu con timidez a mediados dos setenta e agora, parece estar xa consolidada dende o ano 1997, xustifica a súa existencia. Estamos a falar da Festa da Vendima de Leiro que o próximo domingo celebra a súa edición número XII. Ó xa tradicional desfile de carrozas e bandas de gaitas únese o xantar oficial no Salguerial e a presencia de Daniel Barata, como pregoeiro, sen olvidar tampouco a festa popular ó longo da xornada. Un dos principais promotores da súa recuperación foi e aínda o é, o alcalde, Francisco José Fernández Pérez. -¿Que supón a Festa da Vendima para Leiro e para o resto de municipios da bisbarra do Ribeiro ? -Os motores fundamentais do Concello son o viño e o turismo e coa festa unimos as dúas cousas. É unha festa máis de exaltación da recolección do viño do Ribeiro, que sin querer competir con ninguén adícase ó viño. -¿Como ve o seu futuro despois destes cinco anos seguidos de celebración? -Ben, moi ben. Está consolidada. O fundamental son as carrozas, este ano haberá dez e algunhas son doutros Concellos o que é unha gran alegría no sentido de que estase a implicar toda a bisbarra nesta celebración. -¿Cal é a súa definición deste festexo? -Aínda que é unha festa máis da exaltación do viño do Ribeiro, na Vendima de Leiro conxúgase modernidade e antigüedade. Nela séguese a tradición do viño, o desfile é unha exposición do viño, unha mostra andante dos distintos traballos que hai que facer, dende a viña ata a adega e dende que se planta a vide ata que se consegue o líquido preciado que é o viño.