O programa de hoxe da MIT inclúe no horario de noite o traballo de Teatro do Aquí e deixa para a tarde o dos aragoneses Pai Segue a Mostra Internacional de Teatro sen deixar de mirar ó ceo e ós ollos dos seus primeiros espectadores. Neste segundo día de andaina os teatreiros que se acheguen ata Ribadavia terán un amplo programa artístico. Os máis cativos poderán disfrutar xa das primeiras obras en forma de contos e máis contos, mentras os pais poden ir achegándose ata a oficina da Mostra para mercar as entradas para ver ó grupo galego Teatro do Aquí, que volta a Ribadavia cunha obra de contido universal: A visión que da nosa civilización occidental ten alguén tan lonxano, ou tan cercano, como un xefe dunha tribu da Polinesia: Tuiavii.
18 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.A aposta da organización ribadaviense concurre neste segundo día de Mostra de Teatro co traballo do grupo galego, Teatro do Aquí ca súa obra Os papalagui, na que tres actores: Mónica Caamaño, Xabier Camba e Roberto V. Bolaño -director tamén da obra- trasladarán ó público as reflexións dun xefe da tribu Samoana da Polinesia. Ca súa reflexión, tal e como consta na documentación oficial que distribúe a organización, «o xefe Tuiavii somete á nosa cultura a unha visión crítica demoledora e chea de ironía, póndonos diante das nosas propias contradiccións e reducindo ao absurdo moitos dos supostos valores nos que se asenta». A presencia da compañía Teatro do Aquí na Mostra Internacional de Ribadavia é unha constante. Mesmo o ano pasado, este grupo galego presentou nos escenarios ribadavienses a obra Caricaturas. Esta obra é unha das poucas da Mostra que xa está estreada.