Luis González Tosar e Alfonso Monxardín reeditan o libro «Polos vieiros da saudade» O pazo de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba será esceario da presentación da reedición dun libro de viaxes de Otero. A publicación de «Polos vieiros da saudade» é unha edición preparada por Luis González Tosar e Alfonso Vázquez Monxardín e darase a coñecer este domingo no transcurso dos actos de entrega do premio Trasalba. Publicado orixinalmente en 1952 «Polos vieiros da saudade» é un dous poucos libros de viaxe asinados polo xeógrafo e investigador do que se cumpren agora 25 anos do seu pasamento.
20 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Por os vieiros da saudade (na edición orixinal) é un dos dous únicos libros de viaxes que lle son atribuidos polos investigadores a Ramón Otero Pedrayo. Pelerinaxes I, datado polo investigador Carlos Baliñas en 1929, recolle a crónica dunha viaxe a pé desde Ourense a San Andrés de Teixido, viaxe feita por Otero en compaña de Risco e Fernández-Oxea. A segunda incursión de Otero neste tipo de literatura, unha viaxe a pé de Ourense a Compostela, viuse truncada pola Guerra Civil. O material non chegou a ser editado en libro e só se publicaron algúns apuntes en prensa. Por os vieiros da saudade (Vigo, 1952) é unha crónica da primeira viaxe de Otero a Bos Aires, realizada en barco en 1947. Agora o texto é recuperado por Tosar e Monxardín.