Os piragüistas, a Lei do Clima e a consellería
Onte, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez Mejuto, publicaba nestas mesmas páxinas un artigo titulado «Por que Galicia necesita unha Lei do Clima?». Nel defínese a loita contra o cambio climático como «unha tarefa colectiva que nos implica a cada un de nós como cidadáns e que nos obriga ás administracións a actuar». Fala de coordinación, de anticipación, de que os fenómenos adversos «non entenden de competencias administrativas». E remata cun chamamento fermoso: preservar «a Galicia verde e azul» para os galegos do mañá. Subscribímolo sen reservas.
Porén, apenas unha semana antes, o 5 de febreiro, esa mesma consellería asinaba unha resolución dirixida á Federación Galega de Piragüismo (FGP) na que denegaba a nosa solicitude de participar nos órganos de gobernanza da auga. Solicitude que trasladamos formalmente ao presidente da Xunta en xaneiro do 2026. A resposta foi contundente: a normativa «non prevé» a incorporación de federacións deportivas, somos un «colectivo sectorial de carácter particular», e a nosa incorporación «alteraría o equilibrio institucional». O deporte, ven a dicir, que se limite á consulta pública.
A contradición é difícil de ignorar. Na prensa, a acción climática é tarefa colectiva. No rexistro administrativo, o deporte federado é un «interese particular» ao que se lle pecha a porta.
Convén lembrar que a FGP non é un colectivo privado calquera. O Tribunal Supremo (STS de outubro de 2024) ten establecido que as federacións deportivas «exercen por delegación funcións públicas, actuando como axentes colaboradores da Administración». A Lei 3/2012 do Deporte de Galicia atribúenos esas funcións en réxime de exclusividade. Representamos máis de 10.000 licenzas, 65 clubs e unha presenza constante nos ríos, rías e encoros galegos. Somos, se se quere, os habitantes cotiáns desa Galicia azul.
Ademais, a propia Lei 9/2010 de Augas de Galicia recoñece no artigo 7 o dereito dos usuarios da auga a «participar, de forma activa e real, nos órganos colexiados de participación e decisión». Non pedimos un favor: exercemos un dereito. Os piragüistas galegos son probablemente os primeiros en detectar vertidos, alteracións de caudal e degradación dos ecosistemas fluviais. Non somos un problema para a conservación: somos aliados naturais. Levamos desde 2023 solicitando unha mesa interdepartamental para compatibilizar deporte e medio ambiente. A resposta foi sempre a mesma: silencio ou denegación.
Se a acción climática é tarefa colectiva e a Galicia azul merece ser preservada, non nos exclúan da súa gobernanza. A participación non se pode predicar e negar nas resolucions administrativas. Debémosllelo tamén aos galegos do mañá. José Alfredo Bea García. Presidente da Federación Galega de Piragüismo.
Peligro de colapso de la N-525 en Xinzo
Debido al bloqueo de la A-52, la travesía de la N-525 a su paso por Xinzo de Limia está absorbiendo un desvío masivo de tráfico pesado (estimado en 4.000 vehículos diarios). Esta carga incluye transportes especiales de hasta diez ejes y 100 toneladas, lo cual está pulverizando literalmente el firme urbano.
La solución del Ministerio de Transportes consiste en tapar los socavones con placas metálicas que, al no estar ancladas, se desplazan con el paso de los camiones, convirtiéndose en auténticas trampas para peatones y conductores. Además, las intensas precipitaciones ocultan la profundidad de los baches, aumentando el riesgo de atropellos y colisiones en pleno núcleo urbano. Por esta zona deberían pasar las celebraciones populares del entroido. Elisa Gil.