
España é un dos países no que os avós pasan máis tempo cos netos e son os seus coidadores preferidos. Máis dun 70 % acompáñaos acotío e cada vez resultan máis necesarios, debido ao constante incremento dos problemas de conciliación de traballo e familia. Xa existe o Día dos avós, a Asociación de avós separados dos seus netos ou a páxina web www.quierounabuelo.eswww.quierounabuelo.es. E empeza a haber xurisprudencia para amparar os dereitos dos avós, nos casos, cada vez más frecuentes, de conflitos familiares, e para garantir a custodia dos netos, cando sexa necesario.
Son pais afortunados os que poden contar co apoio dos avós, que ademais aportan serenidade, tolerancia e experiencia, transmiten valores e sentimentos e son custodios da historia familiar, tan esquecida en moitos casos. Tamén é cada vez más importante na familia o seu apoio económico, así como a súa capacidade conciliadora, esencial para resolver disputas entre os membros da parella ou mesmo entre estes e os fillos.
Os avós son persoas moi beneficiosas para os netos, que melloran a súa autoestima, aprenden a escoitar e a seren escoitados e se senten protagonistas nesa relación, na que aqueles acaban por se converter en confidentes, en amigos especiais, que aproveitan calquera momento para potenciar valores, cada día más ausentes na familia, e decisivos para a formación completa dos netos.
Os avós tamén saen favorecidos desta relación. Levan un neno dentro, que redescobren a través do neto e exteriorizan sen medo ao ridículo. Volven á infancia, aos xogos ou ás pallasadas. Hai escena máis entrañable que un avó a catro patas, co neto enriba? Recentes estudos conclúen que estes pais de pais, que están cos netiños sen obrigas ou imposicións, gozan dunha maior estabilidade mental e mesmo viven más años.
Pero os avós teñen todo o dereito a unha vida de descanso, ocio e benestar e, xa que logo, non hai que abusar deles, pois o pasan mal, en silencio e con humildade. Sofren cando se lles esixe exceso de entrega, se lles considera meros acompañantes, se lles demandan contribucións económicas esaxeradas e xa non digamos cando, como chantaxe, se lles separa dos netos, para os que teñen sempre un amor incondicional. É tampouco deben ser depositarios da responsabilidade educativa destes, que corresponde, de xeito indelegable, aos pais. O que precisan os avós é cariño, apoio e confianza dos seus fillos, así como un papel complementario, pero moi importante, na educación dos netos, cos que teñen que estar de xeito voluntario e satisfactorio.