Non hai límites

OPINIÓN

La «influencer» Maeb
La «influencer» Maeb Europa Press

30 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Sobrepasamos todos os límites, incluso os inimaxinables.

 O peor de todo é a actitude: os delincuentes xáctanse de transgredir as normas. En lugar de ser condenados pola sociedade, moitos teñen un séquito de seareiros que van colleitando nas redes sociais.

Unha das últimas tendencias é a de conducir excedendo os límites de velocidade, poñendo en risco a outros condutores e aos propios pasaxeiros do vehículo. Gravan a carreira e todas as imprudencias realizadas e logo colgan os vídeos nas redes. En lugar de denuncias, o que obteñen é aplausos en forma de likes.

  Unha auténtica barbaridade por parte dos infractores e de quen os loa.

Pensei que non había unha mostra de indecencia peor. Pero si. Leo no xornal como unha moza estaba durmindo na casa dunha influencer amiga. Esta aproveitou o seu sono para agredila sexualmente, gravala e espallar os vídeos polas redes. É todo unha tolemia.

Non é suficiente con agredir a unha persoa, vexar, violar. Agora tamén necesitan espallalo publicamente. Quen denunciou foi a persoa agredida. Esa conta ten decenas de miles de seareiros. Ningún se alporizou, horrorizou e puxo en coñecemento das autoridades o caso?

Chámanse influencer porque son os que inflúen nas nosas vidas, os que guían, os que se erixen como exemplo. Vaia sociedade estamos a construír... E esas redes sociais, que son quen de anular automaticamente unha imaxe dun peito descuberto, non poden crear un sistema de alerta directa á policía neste tipo de casos?

  Aquí non hai límites? Semella que xa non.