Afganistán como síntoma

Emilio Grandío Seoane PROFESOR DE HISTORIA CONTEMPORANÉA DE LA USC

OPINIÓN

Presidential press service HANDO

23 ago 2021 . Actualizado a las 10:42 h.

Gústanme os xornais en verán. A metade das súas páxinas énchense de cultura e coñecemento. Irradian positividade, lonxe doutros meses do ano cheos de negatividade en forma de traxicomedia absurda. De feito penso que se achega moito máis á realidade. Mais o mito de que en agosto nunca acontece nada non é certo, nin moito menos. Ás veces é o mellor intre para que pasen cousas.

Afganistán, ese estado fracasado esquecido durante un par de décadas, volta á escena. Retornan tamén imaxes coñecidas: a evacuación forzosa, o poder estadounidense tras a guerra fría, os talibáns… O fundamentalismo islámico retorna. Nunca se foi. Pola contra o que acontece estes días en Afganistán non é a proba dun eterno bucle, senón de que o mundo ten moi pouco que ver co de hai dúas décadas cando se respondeu coa invasión do refuxio talibán ante o atentado terrorista de maior difusión mediática da historia.

Moitas cousas cambiaron dende o 2001. O mundo xira. E muda. A utilización masiva da intelixencia artificial, o desenvolvemento aceleradamente centrifugado a ritmo de tornado daquelas inocentes combinacións binarias de 0 e 1, leva unha sensación permanente de cambio na nosa cotiandade. O exceso dá vertixe: o dominio dos fondos de investimento sobre a economía global, a crecente ausencia da presenza nas relacións, o desemprego, as xubilacións anticipadas…