A dimensión de Galiza

Camilo Nogueira FIRMA INVITADA

OPINIÓN

XOÁN A. SOLER

12 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

As circunstancias deste tempo ofrecen unha oportunidade para Galiza emprender a senda que conduce a constitución como nación política, pensando o mundo desde a propria terra.

Hoxe, con un autogoberno resultado dun pacto histórico que asuma a realidade plurinacional da convivencia na Península, en Europa e para alén. Sabendo que a realidade de Galiza non acaba á altura da desembocadura do Miño, nen apenas nos Ancares, os montes de Cervantes ou as excepcionais rías mirando a Gran Bretaña polo norte e a Portugal polo sur, formando parte dos múltiples países que ao longo do Atlántico chegan a África e América.

Unha lingua criada na profundidade do tempo, sendo escrita polo rei das Cantigas de Santamaría, viviría como galego-portugués singularmente na extensión até o cabo de Boa Esperanza de África e á América do Sur. Reunindo a Galiza, Portugal xunto a Mozambique e Angola e outros países ao longo de África a lingua propria do Brasil, a máis abondosa; para académicos «en Brasil falan galego». Conto con unha curiosa experiencia: certa vez en Brasil falando con un taxista mirou para atrás e preguntoume así: «Vocé de que parte de Brasil é». O galego e o portugués evoluíron en paralelo a pesar de ter sido abruptamente negado durante cinco séculos polas monarquías españolas. Con todo, contando con iguais valores fonéticos, morfolóxicos e léxicos, a lingua propria foi a das abondosas culturas agraria, mariñeira e do artesanato e en xeral en toda a sociedade. Mantívose mesmo no referente á economía urbana e industrial. Os chegados da Península en xeral son definidos como galegos.

No referente a historia de Galiza na Península resulta altamente revelador que en 1800 tiña oito veces máis habitantes que Madrid, dúas veces máis que Cataluña e tantos como a ampla Andalucía. Tamén que desde esa crucial realidade, e a pesar da negación de facto por parte do Estado español, en 1900 Galiza mantiña unha poboación máis alta que a de Cataluña (2.867.000 de Galiza e 2.068.000 de Cataluña) e aínda moi superior á de Madrid (775.034).

Durante o período 1800 e 1900, e máis alá, prolongándose dramaticamente, unha parte determinante dos galegos foi obrigada á emigración. Viu como as proprias terras eran subtraídas e as comunicacións galegas, as internas como as externas, foron desdeixadas. Condicionada por unha circunstancia profundamente negativa, en tanto que á altura do 2020 os habitantes de Madrid chegaron a 6.586.000, os de Galiza non superaron os 2.867.000. As primeiras foron a expresión principal da vontade de concentrar o poder público e económico en Madrid e centralizando e minimizando o realizado no conxunto do Estado.

Malia todo desde a entrada na UE no 1986, e a pesar de non superar aínda a difícil carga de tantos anos, basada na disposición galega e na acertada formación dos seus responsábeis, a economía galega adquiriu capacidades singulares. A produtiva non só se manifestou nas grandes empresas, senón tamén e crecentemente con unha excepcional capacidade de traballo. De tal forma a economía galega está en cabeza con empresas que exercen en boa parte do mundo. Esperando recuperar o feito e de ir máis alá. Neste país onde catro mulleres foron quen de abrir novos e precisos horizontes.