Por unha CEG útil


O empresariado galego ten sido quen de dar pulo a unha serie de empresas que non hai moito tempo serían impensables. Hoxe temos una economía aberta e cunha clara vontade de exportación. E non so nos sectores mais coñecidos, como poden ser a automoción e o textil. Aí están as industrias do mar, da carne, do lácteo. A da transformación do aluminio; a potente e con gran percorrido industrial da madeira: as rochas como o granito e a louxa. E ao seu carón, agardamos que sectores tradicionais como o naval sigan tendo algo que dicir. En último termo, pero non por elo menos importante, vense aparecer outras novas referencias no sector das TIC, na aeronáutica... E, por suposto, todas as empresas de servizos e loxística cada vez mais especializadas, a gran mellora no turismo, a gastronomía e a viticultura. 

Todos este sectores teñen que ter un órgano representativo á altura do que son capaces de facer nos seus ámbitos. Os importantísimos retos e oportunidades que temos diante nosa (dixitalización, robotización, intelixencia artificial, novos modos de traballo, adaptación á axenda das emisións de carbono) requiren que esteamos unidos, ben artellados. Dous dos grandes problemas que padecemos dende hai tempo (o seren periféricos e o escaso tamaño medio nas nosas empresas) pódense atenuar con colaboración, sendo quen de compartir retos e solucións.

Falo de asociacionismo, de rachar cos compartimentos estancos, de poder axudar as solucións do común, de contribuír a crear espazos de entendemento, cultura de entendemento. Para isto precisamos xente cunha nova mentalidade, con capacidade de formar equipos e con vontade de servizo e liderado. Liderado empresarial, mais tamén social. Para o desenrolo, precisamos institucións de calidade, as da administración por suposto. Pero tamén necesitamos una sociedade civil organizada e con órganos de representación que exerzan a súa función de maneira útil para toda a sociedade.

A CEG é unha peza chave de todo o anterior. Temos que saír dunha vez da parálise e a interinidade. Que non se poida volver a decir de nós aquilo da tropa de galegos que ía a loitar contra os mouros, e ao chegar a Sanábria e non poñerse dacordo en quen levaba o pendón, discutiron, deron a volta e o da casa Savedra dixo: «Somos galegos e non nos entendemos».

Por Daniel Hermosillas Director del grupo Rodiñas

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Por unha CEG útil