Que vén o coco


Sempre foi unha emoción comezar o curso. Preparar o material, a roupa, a mochila, os nervios. O olor dos cadernos sen empezar, as ceras coa punta afiada, as gomas de nata, a ansia dos amigos. Ata na universidade sentía ese ruxe-ruxe antes de comezar as aulas. Volvino revivir coas miñas pequenas, aínda que me sentín máis pautada ca nunca. Mandilón desta cor, libreta deste xeito... Se non é o caso de mercar todo no mesmo colexio, claro, que iso xa aniquila a maxia. É o primeiro ano que ese comeza, comeza se converteu no aviso do coco. Coidado que vén! Desexo que comece o curso, polas nenas e por min. Pero teño medo. Moito medo. Distancia de seguridade é o grupo de palabras máis nomeado nos últimos tempos. A idea non é mala, pero... Nas aulas xa nos están dicindo os docentes que é imposible cumprila. E na entrada aos colexios? Na saída? Nos corredores camiño ao patio? No comedor? Ese intre da comida tenme preocupada, pero tamén o uso do uniforme... Seríamos ilusos se pensáramos que teñen cinco mudas... Ao sumo contan con unha de reposto. Daquela... É saudable levar a mesma roupa, centos de nenos xuntos, un e outro día? 

Para máis adiante deixo o tema económico, eses incrementos de tarifas dalgunhas actividades, esa obrigatoriedade de certas horas... Porque creo que o primeiro é o primeiro. E eu, non o dubido, o número un lévao a saúde. Pero pensemos en todo. No espazo, no profesorado, no tempo de descanso, na hora do xantar. Que vén o coco, xentiña. E o conto é verdade.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Que vén o coco