Mulleres libres

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

ANGEL MANSO

09 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

As mulleres somos libres para dicir o que queiramos. Por suposto. Só faltaba! Claro.

E si, estou parafraseando a un líder político que defendía deste xeito unhas declaracións, cando menos perigosas, dunha alto cargo do seu partido. Con isto, conste, non pretendo parabenizar a actitude dos demais grupos.

Acaba de ser o 8M. Lembran o porqué da data? Neste día do 1857 produciuse un incendio en Nova York no que pereceron 146 persoas e, tras a desgraza, liderouse un movemento feminista.

As mulleres manifestáronse por un horario xusto, por acabar co traballo infantil. Aínda non podían votar. Iso chegaría moito máis tarde. Debémoslle o acceso á universidade e a posibilidade de levar pantalóns. Tamén poder escribir sen ser baixo un pseudónimo masculino. Ou algo tan importante como ter unha conta bancaria propia ou incluso ser dona dunha vivenda. Élles un asunto moi serio. Desde aquí lémbrolles o que busca o feminismo: que homes e mulleres teñan dereitos iguais. Iguais. Iguais. Métano na cabeza coma unha ladaíña. Iguais.

Todas e cada unha das distintas correntes políticas deberan ser feministas para sentirse dignas desta sociedade. A partir de aí, por suposto, cada persoa é libre de opinar, pero as opinións aceptadas polos partidos, opinións de partido son.

Alén disto, non debera usarase o feminismo como propiedade exclusiva nin arma política. Todos os partidos son responsables. Todos. A unidade neste sentido debera ser tomada coma unha obriga. E esta non é a impresión que nos deixan.