Todo o que precisas é humor

Siro
siro PUNTADAS SEN FÍO

OPINIÓN

siro

18 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A mañá do 15 de abril de 1931, en plena resaca da proclamación da República, atopáronse en Madrid os escritores Josep Pla e Julio Camba. Levaban tempo sen verse e o catalán observou que o galego, ademais de engordar algo, tiña a cara conxestionada e cambaleábase ao andar. Supuxo que pasaría a noite celebrando o advenimento e Camba confirmoullo:

 

«¡Sí! -me dice con un habla algo atropellada-. He venido a Madrid por lo de la República. Aspiro a una embajada. Tengo méritos, creo yo, suficientes. He vivido casi toda mi vida en el extranjero. Conozco varios idiomas. De joven fui anarquista. Lerroux lo sabe y espero que lo tenga en cuenta».

Ao se despedir, Pla meditaba: «Que don Julio Camba sería un buen embajador, está fuera de toda duda. Juega al póquer como los ángeles».

Pero non foi e cando, semanas despois, coincidiron, un Camba atristurado e irónico contoulle que nomearan embaixadores a moitos intelectuais, pero non a el.

-Entonces usted, señor Camba, ¿no ha sido considerado intelectual?

-No, señor. He sido considerado un insignificante humorista.

Hoxe ninguén vería en Camba un simple humorista. Os programas de humor nas televisións do mundo fixeron posible que os cómicos presidan gobernos, creen partidos políticos e sexan deputados e senadores. Camba daría un estupendo presidente do Senado.

Se o sentido do humor é necesario sempre, hoxe, ante as sesións apocalíticas que a oposición argallará toda a lexislatura, a resposta do Goberno non debería ser o cabreo, senón a risa que desarma e ridiculiza. Fíxoo Pablo Iglesias na sesión de investidura en réplicas aos líderes do PP e VOX:

-Señor Casado, más Pérez Galdós y menos Pérez Reverte.

-Ha hablado usted, señor Abascal, del Leviatán que quiere crear la izquierda para que algunos vivan de las subvenciones. Habiendo estado chupando del frasco de Esperanza Aguirre tanto tiempo, creo que debería ser usted un poquito más prudente.

O día que Pablo Iglesias se entere de que a Guerra Civil non foi «entre bos e malos», será un parlamentario excelente e divertido.