Trump contra Irán


¿Por que EE. UU. non atura o que o seu Departamento de Estado chama «desafío exitoso» de Irán? Non hai proba de que este país teña incumprido as súas obrigas sobre armas nucleares. O que preocupa aos EE. UU. é que Irán ten gañado moita influenza estratéxica en Oriente Medio. O certo é que Irán ten proposto unha estratexia de disuasión militar para a rexión, a parte do mundo máis importante estratexicamente, que xa dixera Eisenhower e que Zbigniew Brzezinsk propuxera, no seu libro The Grand Chessboard, como non só de máximo interese estratéxico, senón que ampliara subliñando que ese interese comprendía todos os países dende Marrocos ata o estreito de Bering. E que había que defender, preferible polas boas, pero, se non quedaba máis remedio, polas malas.

Irán ten moi baixos gastos militares, moito menos ca os Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudí e non digamos Israel, e que a súa doutrina militar é disuasoria. Pero isto é o que semella alporizar a Trump, por máis que se invoquen incumprimentos que se está moi lonxe de poder asegurar. As ameazas de Trump contra Irán non teñen ningunha base real. O que de verdade move a Trump é que a política de Irán non encaixa nas súas pretensións, senón que máis ben nega todos os fundamentos das súas acusacións sobre incumprimentos que o seu propio Departamento de Estado di que non existen.

Moitos coidan, Chomsky entre eles, que Trump está pensando nas eleccións do 2020 e que as súas ameazas son tan foguetería verbal e que actúa con Irán como procede con China ou cos inmigrantes: suxerindo ameazas, sempre disposto a salvar un mundo que non comprende, pero sen se decatar de que o está enrarecendo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
28 votos
Comentarios

Trump contra Irán