Destrutores da democracia


Debe amparar a democracia a partidos que teñen no seu programa a destrución da democracia? Pensamos que non. Protexer a eses partidos baixo o paraugas da democracia, por máis que se disfracen de racismo, xenofobia ou homofobia, resultaría tan desavido como dispensar coidados a un cancro no canto de eliminalo.

Penso que acerta o escritor Carlos Bardem, o autor de Mongo Blanco, cando asegura que cos fascistas «nin se dialoga nin se razoa». Aos fascistas combáteselles. A obriga dos verdadeiros demócratas é combater a esa xente. Temos neste país as ideas claras sobre este problema que se vén espallando por toda Europa e que hoxe é un problema de todos, e teremos acertado nas medidas, se algunha se adoptou, para encaralo e resolvelo?

Temo que non, e que, a diferenza da práctica xeneralidade dos países europeos, lonxe de combatelo, o que estamos facendo é branquealo, homologalo ás opcións que máis ou menos son democráticas, metelo na propia casa: abonda con ler a prensa, con escoitar a televisión e con reparar no trato que as dereitas lle dan.

Algúns sectores da prensa teñen caído na trapela de suxerir que a democracia ten que acoller todas as opcións, sexan do signo que sexan. Pero isto non é así: non se pode protexer a quen, baixo os disfraces máis diversos, suxira actitudes contrarias á esencia da democracia: machismo, racismo, xenofobia, homofobia...

Tan pouco nos ensinou a recente historia de Europa sobre tan grave cuestión? Porque estamos caendo na mesma actitude permisiva que tanto sangue e tantas bágoas nos custou. E custa traballo entender que se poida tratar con esas xentes equiparándoas aos demais demócratas, branqueándoas e deitándose con elas. Poucas veces se terá visto unha irresponsabilidade semellante.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
53 votos
Comentarios

Destrutores da democracia