ÚLTIMAS HORAS - BLACK DAYS -
Suscríbete 1 año con el 50% de descuento
Quiero la oferta

Un novo crac?

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

20 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O 24 de outubro é o aniversario do xoves negro de 1929, o comezo da Gran Depresión. Quizais a proximidade a esas datas é o que levou ao economista Robert Shiller a alertar das similitudes que existen entre a actualidade económica e a situación previa ao crac do 29. As visións pesimistas abundan neste outono. Manuel Valls anuncia que, se gañan os independentistas o concello de Barcelona, será «unha catástrofe para Barcelona, para Cataluña, para España e para Europa». Casado non queda atrás nos seus prognósticos sobre os orzamentos de PSOE: levarán a España á ruína. De todos os xeitos, o de Shiller parece máis preocupante. Primeiro porque non é un político, senón un economista, premio Nobel, profesor en Yale. Ademais, anuncia cousas razoables, como que «é probable que o bitcoin sufra un colapso total» e , sobre todo, porque xa acertou nas súas advertencias sobre o estalido da burbulla inmobiliaria, meses antes de que se producise. Os que teñen o poder deberían ter en conta a alerta de Shiller. Os demais podemos encomendarnos a santa Rita, avogada de imposibles.