O 12 de outubro


O12 de outubro é un deses días que, segundo a perspectiva histórica coa que se mire, recibe un nome diferente dependendo do país no que unha ande. Incluso dentro dun mesmo país, como os EUA, a celebración muda de nome entre os estados.

A principios dos noventa, algúns estados dos EUA decidiron celebralo como o Día dos Pobos Indíxenas, en oposición ao tradicional Columbus Day, que é o nome habitual para conmemorar a chegada de Cristovo Colón ás Américas, celebrando así os pobos indíxenas que sobreviviron (e sobre todo os que desapareceron) coa chegada do conquistador. Dende o Día do Respecto á Diversidade Cultural da Arxentina até o Día do Encontro dos dous mundos de Chile, pasando polo Día da Descolonización de Bolivia ou o Día da Resistencia Indíxena, negra e popular de Nicaragua, hai unha infinidade de procesos culturais e de identidade que levan a cada unha das nacións a decidir qué parte da historia é a que queren celebrar.

Coidar da memoria cultural e da memoria histórica non é un proceso sinxelo para ningún pobo, pero é fundamentalmente necesario para o benestar da sociedade. Falar do que nos doe para poder entender e integrar no discurso da memoria as múltiples realidades que conforman as nacións, as múltiples realidades que conforman un pobo.

Pois hai realidades múltiples e tamén múltiples verdades para afrontar as mesmas realidades. Aprender a nomear un día coma hoxe segundo o lugar do mundo no que me atope axúdame a ver que en cuestión de memoria, histórica e cultural, aínda nos quedan milleiros de verdades por descubrir e realidades por explorar para así poder avanzar, como sociedade, cara a un mundo máis xusto e máis humano.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
26 votos
Comentarios

O 12 de outubro