Cambiar o PSdeG

Pablo Arangüena TRIBUNA

OPINIÓN

11 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Se o mundo se move rápido o PSdeG debe moverse rápido. Os procesos orgánicos abertos ás bases -coma o que comeza- teñen a virtude de crear ventanas de oportunidade que, de outro modo, serían impensables porque os aparatos de calquera organización política, según describiu R. Michels, tenden fortemente á unha endogamia que se perpetúa en congresos formados por delegados, máis manexables. 

O PSdG leva instalado no inmovilismo dende o ano 2009, cando o proxecto de cambio iniciado por Emilio Pérez Touriño rematou abruptamente. Ausencia de liderazgos e visión estratéxica, reinos de taifas e hipertrofia de certos elementos en detrimento do conxunto fixeron que un partido que chegou a obter a confianza do 33 % do electorado en 2005 acadase un decepcionante 17,88 % no 2016, indicador evidente dunha perda de raigame e influencia na sociedade galega.

Paradoxalmente, unha organización que leva no seu ADN promover cambios na sociedade non pode facelo sen cambiar antes ela mesma. A pesar de todo, segue a ser o único partido cos cadros, a cultura política e a implantación territorial que permitirían catalizar un revulsivo político vital para un país que leva anos perdendo pulo azotado ferozmente por unha crise que os instrumentos de autogoberno permitirían capear mellor se houbera vontade e visión.

Para tal fin, o PSdeG non necesita burócratas senón soñadores. Non necesita posibilistas nin camaleóns senón líderes con criterio propio e perspectiva, capaces de ilusionar e convencer. Non necesita resignación senón motivación.

Sen perxuizo da validez dos outros candidatos, Gonzalo Caballero está amosando a súa capacidade de medrar día a día, contra vento e marea, percorrendo incansablemente as agrupacións de toda Galicia e transmitindo dinamismo, garra e liderazgo, ata conseguir un respaldo importante da militancia de base pero tamén de moitos alcaldes e cargos das catro provincias que perciben que chegou o momento do cambio. Un candidato en sazón cun sobresaínte -e singularmente axeitado- currículum fora da política, que leva tempo apostando por rexenerar un PSdG que coñece ben e ten a convicción de que, esta vez si, pódese.

A inacción do progresismo político non pode seguir condenando a Galicia á longa noite de pedra dun perenne conservadurismo autocomplacente. Para obter resultados diferentes non se pode facer sempre o mesmo. Non é tempo de ir a modo senón de pisar o acelerador. Xa se perderon demasiados trens. Trátase de cambiar o PSdeG para tratar de cambiar Galicia.