Armada, leal ao rei

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

11 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Siro

O xeneral Armada esperaba que, despois de conseguir que Tejero asinase o «pacto do capó», cos termos da rendición, enviasen un ramo de flores á súa muller e non que o detivesen como xefe dos golpistas. O xeneral Armada ignoraba que Francisco Laína, secretario de Interior e presidente do Goberno provisional durante o secuestro do Congreso, dera orde de pinchar determinados teléfonos, o que permitiu coñecer as conversas entre os protagonistas daquela noite. Cando o día 24 Suárez comentou que debía agradecer a actuación de Armada, o rei desenganouno: «No, Adolfo; tú tenías razón. Armada estaba en la trama». E Suárez ordenou a Gabeiras que o detivese.

Durante o consello de guerra, Armada enviou mensaxes a Miláns sobre a conveniencia de declarar que a relación de ambos co 23F empezara ese día e que as reunións anteriores non tiveran relación co golpe. A Miláns non lle interesaba esa estratexia. El involucrárase porque Armada lle asegurara que o rei avalaba a operación e esa sería a súa defensa. Armada, a través do coronel Pardo de Santayana, respondeulle que o rei non sabía nada do 23F porque el nunca llo comentara. E sostívoo durante o xuízo, malia a animosidade dos outros procesados.