Clarito, clarito

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

29 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Rita Barberá teno claro, clarísimo, clarividente. Non pensa dimitir. É máis. É que nin se lle pasa pola mente tal idea. ¡Clarito, clarito!

E que queren que lles diga, eu case prefiro iso. Que fale abertamente e sen eufemismos sobre o que pensa. Con tanta claridade estanos a amosar como actúa e, polo tanto, quen é. Non só iso. O que lle permite o seu partido e por que a apoian deste xeito. Apoian e protexen, aforándoa, por caso.

Eu prefiro que fale alto e claro. Porque o que se di alto, a muller tamén fala. Agora ben, non sei que pretende con iso, se avisar aos que a votaron, aos que non, ao seu partido... Non sei a quen lle está a botar a filípica con semellante cabreo co que di as cousas. ¿A que vén ese enfado? Total, ela fala cando quere, non cando llo mandan, ninguén lle pide contas de nada, e fana aforada. É máis. Seica o presidente (en funcións) de España falou con ela, e bastoulle con escoitarlle que era inocente.

Rita, non te enfades, muller. Non vexo que teñas moitos motivos.