O Hawking de Podemos

Jorge Mira Pérez
Jorge Mira O MIRADOIRO DA CIENCIA

OPINIÓN

09 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Na cúpula ideolóxica de Podemos hai xente coma Pablo Iglesias, Íñigo Errejón, Carolina Bescansa e Juan Carlos Monedero, que son investigadores en áreas de ciencias sociais da Universidad Complutense de Madrid; e Pablo Echenique, doutor en física pola Universidade de Zaragoza e científico titular do Consejo Superior de Investigaciones Científicas en Madrid. O traballo de Echenique consiste en predicir os comportamentos de moléculas, en base ás propiedades dos átomos que as forman. Nomeadamente, interésanlle unhas moléculas chamadas proteínas, que son fundamentais para os seres vivos. Para comprender o que ocorre a esa escala de tamaño tan reducida non serve a física que dita a nosa intuición, senón unha distinta, chamada física cuántica. Para discorrer sobre ela, é de axuda escribir nun encerado, así que, dadas as dificultades físicas de Echenique, os seus resultados teñen máis mérito se cabe. Por certo, o seu director de tese é un físico moi importante no estudo de redes e propagación de virus (foi requirido o seu consello na crise do ébola), e tamén na predición de como nos comportamos os humanos dun xeito colectivo.