Vicente Enrique Tarancón coidaba que a Igrexa debe predicar o Evanxeo á marxe das ideoloxías políticas, e esa crenza expresouna sempre. En 1937, en La nueva forma del apostolado seglar, onde afirmaba: «Es necesario, pues, que prácticamente aparezca la Acción Católica separada de todo partido, para que nadie pueda confundirlos».
En 1950, na pastoral El pan nuestro de cada día, contra o estraperlo, ao deixar de glorificar o Alzamento do 18 de xullo e afirmar que, coa represión, «después de la guerra, la guerra sigue». O Búnker odiouno e no funeral por Carrero Blanco, en 1973, oíronse os primeiros berros de «¡Tarancón, al paredón!».
Un ano despois, ante o caso Añoveros, fixo chorar a Franco ao lle dicir que o excomulgaría se a orde de expulsión do bispo se executaba. No funeral polo Caudillo, no palacio de Oriente, foi vetado.
Ao cumprir 75 anos acudiu a Roma para presentar a preceptiva dimisión como bispo de Madrid. O papa Xoán Paulo II acusouno: «Vostede será o responsable de que o catolicismo retroceda en España, mentres nos esforzamos en dobregar o comunismo, cada vez máis feble».
Pero Tarancón é recordado como gran protagonista da Transición, e a súa homilía nos Xerónimos é unha das imaxes.