O «modelo» das mordidas

Xosé Carreira ATALAIA GALEGA

OPINIÓN

25 jun 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Cando o xefazo de Vendex, Gervasio Rolando Rodríguez Acosta, estaba a piques de ir á cadea, logo da súa detención na operación Pokémon, advertiulle á xuíza que o «modelo» de facer regalos para lograr contratos era algo que estaba implantado en España. «Sí, pero a usted lo hemos pillado», respostulle Pilar de Lara. Agora que xa se coñecen os informes de Aduanas, resulta que xa non só se untaba con Rolex. Primeiro descubríronse os supostos envíos que chegaban envoltos en papel de xornal deportivo para os de Lugo. Agora, sábese que era o representante da empresa en Galicia o que facía o reparto de presuntas mordidas a políticos e cargos. Se realmente ese é o «modelo» implantado neste país, o mellor é fuxir a outro onde calquera cidadán con iniciativas non quede á deriva por non ter contactos e, moito menos, a posibilidade de untalos para lograr arrancar. Parece difícil, pero compre loitar contra a corrupción.