O que hai que imitar

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

Os malos resultados nos informes PISA provocan o desexo de imitar aos mellores, pero a cousa non é tan sinxela (e discutible) como retrasar a edade de aprender a leer aos sete anos, como fai Finlandia. Os mellores resultados consíguenos países orientais onde se fomenta a competividade e o esforzo ata límites patolóxicos, como demostra o elevado número de suicidios, en traballadores e en estudantes. En canto a Finlandia, para entrar na carreira docente requírese unha puntuación de sobresaínte. Só os mellores expedientes acceden a ela e, ademáis dos coñecementos, esíxense especiais características sicolóxicas. Ou sexa, que teñen uns excelentes profesionais. Non val calquera.

Alí a maioría das familias teñen como prioridade na vida a educación dos fillos. É dicir, que nada de deixalos adormecer fronte ao televisor, e consentilos ata convertilos en pequenos monstros acostumados a conseguir todo sen máis esforzó que o berrinche. E, por suposto, respectan aos profesores e colaboran con eles na educación dos fillos. Cando aquí se seleccionen ben aos docentes, cando estes sexan respectados (non insultados e ata maltratados), cando familias e nenos se persuadan de que o esforzo é necesario na escola e na vida e que a educación é un elemento fundamental nunha sociedade, entón estaremos en situación de pensar que medidas concretas imitamos de Xapón ou de Finlandia.