O s números cantan. Máis ben, choran.
Leo nos titulares deste xornal que por cada cotizante hai case un xubilado. Buf. Difícil render contas así.
Preguntabámonos como serán as pensións, e cando nolas van conceder? pero cada vez resulta máis complexo facer prognósticos, pois a situación empeora momento a momento. Así son os números, que non menten. Polo que xa todos nos poñemos mans á obra e comezamos con contas para arriba e para abaixo. As do día a día: luz, pan, auga, comida, transportes? As do mes: aluguer, hipoteca, roupa? As do ano: contribución, permisos, impostos varios?
E non dan. Se esta economía básica, doméstica, vai así, ¿como cadrar tamén esas porcentaxes? ¿Por cada traballador, un xubilado? Imposible. Repasemos o concepto. A cada persoa en activo, a realidade di que lle corresponde sustentar unha familia. E iso, con sorte, ¡porque hai unidades familiares que non perciben ningún ingreso! Se a todo isto lle arrimamos o xubilado a manter? mal asunto. ¡Moi malo!
¿E que queren?, preguntan os dirixentes á sociedade. ¿Que imos querer? Moi sinxelo. ¡Traballo! Para que dean as contas e cadren as porcentaxes tan perigosas. Hoxe non nos preocupan as futuras pensións. Preocúpannos as contas domésticas para levar unha vida sinxela sen excesivas complicacións. As pensións, xa chegarán, se chegan. Pero mentres, ¿que facemos con este desaguisado? Os Reis xa pasaron e non deixaron solución. Non era o seu cometido. Así que os responsables, mans á obra, que hai moito que facer.