Gañou o PP. Algunhas razóns

Lourenzo Fdez. Prieto MAÑÁ EMPEZA HOXE

OPINIÓN

23 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

1 A fortaleza do PP en Galicia: 23 anos despois da irrupción de Fraga volveu roldar o 45 % dos votos e aínda perdendo cen mil votos aumentou 3 escanos. 2) Feijoo aparentou distancia con Rajoy, na intelixencia de ambos de lograr osíxeno aquí para os recortes en Madrid. 3) Logrou mobilizar ao seu electorado na crítica a un bipartito sen herdeiros dos seus logros e augurando un peor tripartito, para o que buscou o cara a cara con Beiras na última semana. 4) A oposición non logrou traducir en alternativa de goberno o evidente descontento social; PSOE e BNG, agochando o seu pasado de goberno ficaron sen futuro e parte do seu electorado votou AGE como a mellor oposición futura. A crise arrasa con todo menos con quen a manexa: Feijoo é o segundo gobernante europeo reelixido dende o comezo desta deboura.