Dous Nobel de futuro

Jorge Mira Pérez
Jorge Mira O MIRADOR DA CIENCIA

OPINIÓN

14 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Cando se concede o Premio Nobel, en moitas ocasións o descubrimento xa ten un efecto que se albisca con claridade no seu campo. Pero entre os anunciados esta semana hai, para min, dous que rachan fermosamente con iso: os de Medicina/Fisioloxía e Física. No primeiro caso, as posibilidades abertas polos premiados na medicina rexenerativa parecen un soño: se tivese vostede un problema co fígado, ¿imaxina o que sería que lle puidesen fabricar un novo a partir das súas propias células e colocarllo sen ningún problema? No caso dos físicos, o camiño que abriron parece de ciencia ficción. A escala atómica, cando un interactúa con algo, altérao. Os gañadores deste ano conseguiron sortear ese estigma e controlar sistemas dese tamaño, o que abre a porta á fabricación de computadores dunha potencia que dificilmente podemos imaxinar (ollo: nese camiño a academia sueca xa se está a fixar no español Ignacio Cirac). Ah, e eu tiña claro que a Higgs non lle ían dar o Nobel no 2012: a xeración de candidaturas require uns prazos que levan cerca dun ano (o anuncio do CERN foi en xullo). Pode que llo dean o ano que vén.