¡Fóra con el!

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

C ada vez que a Unión Europea abre a boca, éntrame o pánico no corpo, e tardo días en arredalo de min. Cada unha das ocorrencias que teñen supoñen un custo social para o país. O martes, como non, nova suxestión para comezar o día.

Desta volta, alerta de que os concellos deberan subir as taxas do lixo. Non teño nin idea de canto se chega a recadar por este servizo? pero dubido que sexa a solución aos nosos males. Por iso, ao principio, case me dá a risa. Coma se todos os problemas partisen da xestión de residuos. Pero pensándoo mellor? por unha vez voulles dar a razón.

Estaría moi ben, non só subirlle a taxa aos refugallos que levamos creado, eu iría aínda máis alá, eliminaría canto lixo se produce. Resulta obvio. O que é inservible, debe eliminarse. Ben o dicía a miña tía avoa: fixeches ben, se non valía, fóra con el. Iso é intelixencia natural, de toda a vida.

Podiamos comezar pola política. ¿Que hai lixo? Acabemos con el, pero xa. Na xustiza, máis do mesmo. Non quero falar dos asesores e outros cargos? pero é así de claro. Se non aportan nada positivo? lixo fóra.

Lixo non, grazas. Serán problemas a evitar, algo moi a ter en conta hoxe en día.

Así que, como di a miña tía? ¡Fóra con el!