Última hora
Zapatero pide un aplazamiento de su declaración por la «complejidad» del sumario

Unha de corazóns

| MARÍA CANOSA |

OPINIÓN

AS DATAS sinaladas do ano están repartidas ao longo do calendario, pero esta semana vanse xuntar dúas especiais. Comeza co martes trece, que pode ser un día calquera para moitos, ou unha xornada fatídica para os supersticiosos. O mesmo ocorre coa xornada que o sucede, o catorce de febreiro, no que se festexa o san Valentín, ou Día dos Namorados, insignificante ou sinalado, segundo para quen o viva. Intrígame que pensaría o emperador musulmán Shah Jahan deste día. El foi quen concibiu o Taj Mahal como mausoleo para a súa muller favorita, Arjumand Bano Begum, máis coñecida como Mumtaz Mahal. Incrible proba de amor, que permanece intacta ao longo dos séculos. Tanto é así, que está proposta como candidata a proclamarse unha das sete marabillas do mundo moderno. Polos acontecementos que se suceden na actualidade, podemos deducir que hai moitas mulleres que cambiarían sen dubidar o tal catorce de febreiro, e incluso a proba de amor da construción do Taj Mahal na súa honra, pola simple ausencia da violencia doméstica nas súas vidas. ¡Unha mágoa!