EDUCACIÓN VÉN de propoñer unha incrible/íbel idea para Galicia/za: incorporar o portugués ás escolas de idiomas e aos institutos, nestes como segunda lingua estranxeira. ¿Como se non imos avanzar cun galego que aínda se imparte como idioma de fóra, cando socialmente segue sen callar, cando non sabemos falalo nin escribilo, cando moitos o ven como un lastre? ¿Necesitamos estudar portugués á parte? ¿Non sería mellor entender dunha vez que somos parte da mesma lea, que se un sabe galego, sabe portugués, e se sabe portugués, sabe galego? Cun galego consolidado abondaría con algunhas nocións para petar na porta do lado, sen ter que argallar superestruturas. Por certo, en catro das once escolas de idiomas de Galicia non se imparte galego... ¿Darase por sabido?