LEIN OU ESCOITEI algo que me parece acertado unha lei que responsabilizaría dos danos económicos que causasen os incendios se os donos non tivesen limpos e coidados os montes. Estamos rodeados de terras abandonadas, que teñen o seu propietario, cheas de toxo. Como se sabe os incendios inícianse no monte baixo, matogueiras, silveiras, que se teñen certa importancia arrasan tamén cos árbores. Como se sabe xamáis se teñen producido incendios nas copas dos árbores, a non ser pola caída dun raio. O componente principal das silveiras é o toxo, do que Galiza produce espontaneamente once millóns de toneladas ao ano. Antes dos abonos modernos o toxo interviña na formación do estrume para fertilizar a terra, o que aliviaba os efectos do lume. O toxo, arbusto típico de terras silícicas como Galiza, de pugas de gran superficie de fácil ignición, rematará sempre no verán, intencionadamente, descuidadamente ou espontaneamente converténdose en lume se non ten outra utilidade. É unha pena que se perda esta riqueza térmica, que unha axencia podería recoller e transformala en enerxía eléctrica, ao mesmo tempo que se protexía o monte axudado por esa posible lei, da que escrevo ao principio, que posibilitaría esta actuación económica. Certo que poñer en marcha esa lei terá dificultades porque os homes nos apropiamos das terras ou as recibimos en herdanza e coidamos que temos todos os dereitos sobre elas, incluso o dereito de telas abandonadas, e se se incendian hai que apagalas con custosos medios do Estado, que somos todos. Até o de agora as leises defenden a propiedade privada contra o dereito común, por eso hai tanto neoliberalismo no que toca ás formas de apropiación ilícita e as legaliza. Coidan que Deus deulle a uns moita terra e a outros deixounos sen ela. Todo esto retrata a Galiza como un país cun agro abandoado, e se algún veciño, sen terra ou con pouca terra, mantense no rural, pensa que o monte é máis ben un suxeto perigoso. É unha imaxe das formas do progreso. Ficamos alucinados coas técnicas asombrosas da sociedade de consumo, sen preocuparse de onde procede o seu sostenemento, e, por suposto, sen importarlle ren de servir a causas xustas. Así os medios enchen páxinas e máis páxinas e horas con ese desgraciado secuestro no colexio de Beslán do que se fala de máis de trescentos mortos, na maioría nenos. Fálase de que o mundo fica horrorizado con este drama. Mais un terrorismo maior en número de víctimas que fan con armas automáticas de destrucción masiva con xentes e nenos do Iraq os delincuentes do colo duro do clan de Bush pra defender os seus negocios, delo apenas hai novas, porque as informacións básicas tamén lles pertencen, polo que hai que denunciar a hipocresía da información controlada, e da UE por non pedir o mesmo do que fan no Iraq. Será ben facer notar que os actos de guerra na rexión caucásica se están sucedendo con frecuencia acelerada. Un pregúntase quen facilita o material bélico aos terroristas. ¿Non será que a algúns lles chegan os aromáticos do combustible fósil desta zona? ¿Non foi a CIA a que formou a Osama Bin Laden a facer terror contra os soviéticos en Afganistán? Un terrorismo pode ser consecuencia de outro terrorismo e conviña saber a cal primeiro hai que combater para que desaparezcan os dous.