Tigretón

La Voz

OPINIÓN

XOSÉ CARLOS CANEIRO

01 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

UN SER cercano confesa que consome un Tigretón antes dos momentos doces da súa vida insana: lascivia, luxuria, bares de neón e David Bisbal en máquina de discos. Eu pensaba que o Tigretón estaba desaparecido dende os tempos da infancia. Aquel doce de chocolate (pastelito, le llaman ahora) era unha paixón superior aos ollos verdes que me miraban dende un banco do parque, Ducados a Ducados, sen Fortuna. Un Tigretón alegrábame os recreos antes das clases de don Tadeo, profesor de latín impetuoso que nos facía marcar o paso a ritmo de declinación e futuro imperfecto. O meu amigo confesa que Fraga (Fragamán) mantense con enerxía adolescente gracias aos productos Galicia Calidade e, ao seu parecer, ao Tigretón. En calquera mitin o presidente saca, mentres fala de hospitais e carreteras e escolas, un Tigretón da carteira. Velaquí o segredo da súa eterna xuventude. Fragamán é un Peter Pan sen Campanilla, un presidente perpetuo, el abuelo de Heidi sin barba y sin Heidi, que era tan empalagosa como ZP. Fragamán preséntase e gana, verás. Y los del Pesoe, por no comer Tigretones (que son cosas del pasado y rancias) se quedarán mirando las fotos de sus ministras de cuota en el Vogue. Eso sí que mola, corazón.