Pandereta

La Voz

OPINIÓN

XOSÉ CARLOS CANEIRO | O |

21 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

IMAXINO que haberá quen non tome en serio o asunto este das comisións parlamentarias, das comisións de investigación, das comisións que rastrean a verdade polos curvados vericuetos do ser humano. Pondero valerosamente as opinións iradas en contra de Fungairiño: dun fiscal jefe de Audiencia Nacional un espera que contemple algo máis que os documentais da documentadísima BBC. Sinto aprezo, incluso, polas liñas editoriais dos periódicos de Madrid: El País , mentiu o Pepé; El Mundo , manipulou o Pesoe (ambas proposicións non teñen por que ser excluíntes). O que non tolero é que o cidadán do común, o cervecero de praia, se mofe y se desparrame con el papelón que ofrecen los señores diputados, investigadores, testigos. Porque a comisión 11-M é un asunto de rigor incuestionable. Imaxinen vostedes ata qué punto é seria que aparecen fotografías dos ¡confidentes! da policía: todo alto secreto. A comisión ofrece unha imaxe real da España real. Aquela que pintou Antonio Machado de modo vehemente pero perdurable. España de charanga y pandereta. España cañí. España salsa rosa. España Gescartera. Y sobre la mesa doscientos muertos. España negra. ¿No nos da, a todos, un poco (aunque sea sólo un poco) de vergüenza?