| O |

12 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

CONTRA AZNAR (e Urdaci) vivíamos mellor. Agora invádenos unha nova plaga bíblica: o afectismo barato, o peloteo, o tiralevitismo, a baba carnosa nas bocas dos representantes da progresía. A intelectualidade de esquerdas garda un silencio confuso. Manel Fuentes e Magdalena Álvarez manteñen un idilio en Telecinco e el celebra o chiste dela sobre a relación muller/home: «Empiezas con un rollito de primavera y acabas con un cerdo agridulce» (afirmou a señora ministra). Cascos era feo e sentimental, como o marqués de Bradomín. Magdalena é insubstancial e graciosilla. A conciencia crítica deixou de existir. Os intelectuais progres non critican por medo a ser censurados en Babelia e ver arruinada a súa carreira de escritor: sin Babelia no hay premio nacional. Iñaki Gabilondo non denuncia. A SER non convoca manifestacións. De Canal Plus só podemos ver os muñegotes do guiñol. Lorenzo Milá viaxará dende New York á voda de maio (que por mayo era por mayo). Carod Rovira e o «neopijismo» catalán redactan as súas listas negras. Os artistas aplauden. O Fórum de Barcelona é Jauja. E mentres isto sucede, Rajoy e o Pepé seguen botando de menos ao reiseñor das Azores. Que paren el mundo, corazón, que yo me bajo.