Arroutada deportivista

OPINIÓN

falar.ben@lavoz.es MARADONA, que «no es una persona cualquiera, es un hombre pegado a una pelota de cuero», como o describiu Calamaro, vén de rematar a súa estadía no hospital sen alta médica, despois dunha arroutada, isto é, dunha saída espontánea e irreflexiva. Case igual (salvando as distancias) foi a de Zidane o sábado pasado en Riazor, expulsión merecida tras un arrouto, ese 'impulso súbito' que o levou ao banco directamente. Agora ben, as arroutadas, aínda que en si mesmas non teñen por que desencadear accións violentas, moitas veces si as provocan, ao seren resultado de arranques e impulsos bruscos. Son os denominados arrebatos, palabra esta común no galego e no castelán. Os arroutados vense tamén como insensatos, atoleirados, aloucados... de aí o xeneralizado temor a calquera arroutada. «Mira, Maruxiña, mira, mira como veño...».