Para enviar preguntas: AS ACTIVIDADES que está a emprende-la comunidade científica requiren de novos conceptos e verbas. Tal é o caso dos proxectos que se están a desenvolver para coñece-lo planeta Marte. Son varios os artefactos que xa teñen chegado, ou que están próximos a salva-los 150 millóns de quilómetros que separan á Terra do planeta vermello. Pois ben, o feito de pousarse un aparello na superficie de Marte cumpre que o designemos como amartizar. De aí derivariamos amartizaxe ou amartizamento, e construiriamos frases como: a sonda tivo unha correcta amartizaxe O referido significado pode se-la primeira acepción da palabra, pero -como en case tódalas verbas- hai outras significacións. Neste caso, poderiamos saca-lo segundo sentido da forma en que amartizou o aparello que alí veñen de «mandar» algúns países europeos (entre eles, España). Polo que se conta (vide. La Voz de Galicia), «o artiluxo» europeo pousouse amortecido na caída, e posterior impacto, con globos, dando algún brinco, e comunicando -ó Centro de Control- a súa chegada con música. Pois ben, en sentido figurado, para un uso terráqueo, a segunda opción de amartizar podería ser: ir pousarse (ou caer) ben lonxe, dando brincos, e con fondo musical. Deste xeito construiriamos frases do xeito de: ¡onde fuches amartizar, meu corazón? Trataríase dun substitutivo máis remoto e expresivo de alunizar e andar pola lúa. Pero, ollo, para non levar ningún susto, non lle cambien a segunda vocal (a) por un «o»; do contrario terán que... am o rtizar algunha débeda, e iso semella moi serio. Escoítanse palabras tralas que se evidencia a paixón emancipadora da esquerda, e, nembargantes, en nada se parecen á linguaxe repetitiva e aos tópicos en uso instaurados na socialdemocracia, entre os comunistas, na extrema esquerda ou nos nosos peculiares «verdes». Desapareceu a xerga habitual. Todo o mundo pode entender de que se está a falar. E non se ten medo ás palabras malditas, coma «globalización», «liberales», «individuo», «creatividade». Non hai adaptación ao existente, mais si un forte compromiso coa realidade. Fronte ao doutrinario que opina «como debe ser» e salva a súa «alma bella» manténdose na pureza, estamos perante xente consciente de que non hai política sen toma de decisións que en moitos casos implican optar entre alternativas todas elas desagradables (por exemplo, guerra ou xenocidio). A terceira esquerda trata de supera-lo esgotamento do pensamento das esquerdas tradicionais, é outra esquerda, e, emporiso, non propón que se constrúa contra as demais esquerdas, senón a carón delas. «Debemos construí-lo novo entre todos. E cada un dende onde lle apeteza. E cando queira e poida». Sería interesante que houbese un encontro aberto a tódalas correntes, espacios, asociacións e expresións políticas que se reclaman de esquerdas ou progresistas. Paga a pena. Manolo Trigo é concelleiro socialista en Carballo. Leo con preocupación cómo los taxistas protestan por el funcionamiento del bus buho en Nochevieja, ya que para ellos los ingresos del trabajo de esa noche son muy importantes. ?En economía hay dos conceptos muy importantes: elasticidad-precio y elasticidad-renta. El primero indica la incidencia en la cantidad demandada ante alteraciones del precio del bien, mientras que el segundo mide lo mismo, pero ante alteraciones de renta. ?Pues bien, que no intenten hacer su agosto en una noche. Quizás si sus tarifas fuesen más bajas harían más servicios, y aunque ganasen menos, al aumentar los servicios aumentarían sus ingresos. ?Además, el consumo del servicio de taxis es un bien de lujo y por lo tanto su uso no es muy factible por los jóvenes (poca renta), que tendrán que usar medios de transporte alternativos. ?Feliz Año a todos. A Coruña