Un cuento de náufragos

LUIS VENTOSO

OPINIÓN

BEIRAS, Quintana y Paco Rodríguez van en una avioneta camino del Foro Antiglobalización de Porto Alegre (Brasil). En algún punto sobre Atlántico, la nave se escangalla y se ven obligados afectuar un aterrizaje de emergencia en una providencial isla desierta. Beiras, Rodríguez y Quintana recorren el islote y comprueban que está deshabitado. Sentados bajo un cocotero y mirando las olas contritos, los tres líderes discuten cómo salir del brete. - Rodríguez : Eu coido que o mellor é non arriscarnos a saír fóra. Tentemos de sobrevivir cos nosos propios medios. A illa é moi rica en lapas e é ben sabido que os galegos estamos moi afeitos ó marisco. -Beiras: Eu, no básico, estou de acordo ca autarquía a base de lapas, que sempre é mellor ca colonización das racións de supervivencia. Pero cumpriría aproveitar o tempo que esteamos eiqui para reler O bo salvaxe , de Xan Xacobe Rousseau. Por sorte levo o libro no gabán, unha edición en francés, por suposto. -Quintana : Pois eu creo que despois dun par de semanas de lapas, o mellor é coller o bote salvavidas do avión e empezar a remar, porque parece que alí, non moi lonxe, albíscase o Continente. -Rodríguez : De acordo. Subamos á chalana e boguemos cara ó mundo exterior. Eu, se non vos importa, irei na parte de atrás, en segundo plano, porque non quero protagonismo. Pero xa que estou alí, quizais será bo que leve o timón do barco. -Beiras : Pois eu creo que o meu sitio é no mascarón de proa, porque se atopamos algún barco de fóra vai ser mellor que fale eu, que para algo sei francés. Ademais, aproveitarei para ir lendo a Rousseau e tomando notas para o meu discurso ante Lula en Porto Alegre. -Quintana: Entón, si Beiras queda de mascarón e ti levas o timón, eu, ¿que fago? -Beiras y Rodríguez (al unísono señalando los remos): Ti vai bogando.