Opinión
25 artigos para entender Galicia
22 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.
falar.ben@lavoz.es «Nesta sección ofrecémoslle unha selección de restaurantes, mesóns, vinotecas, cervexerías e xeaderías...». Desta maneira aparecen anunciadas as ofertas hostaleiras que se poden atopar hoxe nunha das cidades galegas. O auxe dos establecementos onde se vende, e sobre todo se bebe, viño está a desbordar a linguaxe. Calquera que frecuente estes sitios comeza a usar, quizais por vez primeira, o nome dunha nova realidade: ¿Estou nunha vinoteca? ¿Nunha vinacoteca? ¿Nunha viñoteca? Hai para gustos.