Prócula

| XOSÉ CHAO REGO |

OPINIÓN

«¿ES TI o rei dos xudeus?». Cuestión ociosa porque Pilato coñece os mecanismos do poder e o exército de Xesús son os marxinados e empobrecidos polo poder. ¿Que é a verdade? Escéptico, non agarda resposta porque el só sabía de mentiras e crueldade. A súa muller, Prócula, envíalle esta mensaxe ó tribunal: «Deixa en paz este xusto, que hoxe sufrín moito en soños por causa del». Sorpréndeme que o feminismo non tire maior proveito desta persoa. Todo era confusión. O costume permitía ceibar un preso por Pascua. Dous candidatos son presentados: Barrabás, nacionalista fanático, que se chamaba Xesús Bar Abbas . Parece que os primeiros cristiáns eran víctimas desta confusión onomástica, pois o de Nazaré tamén se proclamaba «Fillo so Pai». «O meu reino non é do mundo este». Pois será do outro, a salvación eterna. «¡Cuan largo me lo fiais!». ¿Non sería bo afacerse á linguaxe da creación? O reinado de Deus sería: unha nova creación: a reconstrucción da sociedade.