XOSÉ CARLOS CANEIRO | O |
19 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.CANDO a Dereita segue sendo Dereita e a Esquerda deixa de ser Esquerda resulta consecuente que triunfen as esquinas, que griten fronte á victoria que se anuncia no horizonte de marzo. Qué tristeza este Pesoe, qué baleiro, qué extrema decadencia. Pregúntome se aínda existe vida intelixente neste partido, se non se decatan do que sucede ao seu redor: esa perseverancia en erros clamorosos. Puxéronse ao lado da Dereita nas cuestións fundamentais, ou sexa, os asuntos que lle outorgan votos ao Pepé: pactos de Estado. Consenten actuacións sectarias e irrespetuosas en dirixentes destacados do seu partido. Confúndense de adversario (¿Alguén pensou que os votos fuxidos ao nacionalismo catalán (de esquerda) son froito do antinacionalismo do propio Pesoe? Ou por dicilo doutro xeito: ¿Alguén pensou que o nacionalismo españolista do Pesoe é contrario á idea de liberdade e progreso e tolerancia do socialismo?). O problema non é (só) Zapatero, ese osito de peluche. O problema é o que rodea a Zapatero. Sinto lástima pola Esquerda. Polo Pesoe. Lástima por vivir nun país abocado a ser de Dereitas sen querer ser de Dereitas. Tocamos fondo. De aquí en adelante -afirma Serrat- sólo cabe ir mejorando. O no.