A Ciencia no ensino

| CARLOS PAJARES |

OPINIÓN

TRIBUNA

15 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI UNHAS semanas La Voz de Galicia informábanos de que as calificacións dos alumnos obtidas nas probas de acceso á Universidade foron moito máis baixas nas asignaturas de Ciencias que no resto, especialmente en Matemáticas e en Física. En concreto a media foi de 4,5 en Matemáticas e a do conxunto foi de 5,7. Esta gran diferencia indica graves deficiencias dos nosos alumnos en matemáticas. Recentemente o Senado aprobou por unanimidade as conclusións dunha ponencia, onde despois de recabar información de diversos profesores e institucións e de estudios comparativos con outros países, se pon de manifesto o estado alarmante do ensino das Ciencias no noso sistema educativo. Por desgracia, as nosas autoridades educativas non tomaron ningunha decisión ó respecto nin hai ningunha pista que induza a pensar que van facer algo. Alguén podería pensar que na recentemente aprobada Lei Orgánica de Calidade da Educación (LOCE) se atopan medidas relacionadas con este problema. Equivócase. Por poñer un exemplo as asignaturas comúns dos tres bacherelatos diferentes da LOCE son: Lingua castelá e Literatura, Lingua e Literatura galega, Lingua Extranxeira, Historia de España, Educación Física, Sociedade Cultura e Relixión e Historia da Filosofía e da Ciencia. A coletilla «da Ciencia» nesta última asignatura non estaba no texto orixinal e foi engadida gracias e unha enmenda. As diferencias no Ensino das Ciencias que se atopaban na LOGSE ignoráronse. O Ensino das Ciencias e das Matemáticas en particular presentan dificultades específicas e xerais. Entender e resolve-lo problema é algo persoal e intrasferible. É o alumno quen o fai. Non vale memorizar nada, nin repetir algo semellante. O único que pode prestar unha axuda decisiva é o mestre ou o profesor. É normal que en determinadas etapas educativas cruciais os alumnos teñan dificultades para entender as matemáticas. Esas dificultades deben superarse primeiro co esforzo dos alumnos e coa axuda dos profesores dun sistema educativo axeitado, que non renuncie a superar os obstáculos, ben disminuindo as Ciencias no sistema educativo ou ben desviando ou aparcando ós alumnos. Neste punto crucial e ónde se pode ver o «esforzo» de tan cacareada cultura do esforzo das nosas autoridades educativas. O problema non é doado de resolver porque a sociedade non ten conciencia del, inmersa tradicionalmente nunha cultura de letras . Moitos xuices, escritores, xornalistas, sociólogos, historiadores, pedagogos... consideran normal non poseer uns coñecementos mínimos de ciencias e non saber resolver problemas triviais numéricos. O máis grave é que non se decatan de que esas carencias inciden directamente no exercicio da súa profesión. O PSdeG-PSOE vai a propoñer no Parlamento galego a adopción de diversas accións que intenten mellora-la situación do ensino das Ciencias en Galicia, escomenzando por adicar un número maior de horas dentro do estreito marxe de maniobra que deixa a LOCE. Igualmente propoñemos a posibilidade de profesorado de reforzo en matemáticas. Doutra banda queremos que se poñan en marcha programas que fagan viva a Ciencia nos nosos institutos, colexios e escolas e que os alumnos podan «tocar» coas súas mans experimentos e desvelar cos seus ollos algunha das actuacións da natureza. Experiencias, laboratorios, traballos de campo son diferentes formas de aproximarse ás Ciencias e son prácticas que habitualmente deben estar nas aulas dos nosos centros educativos. ¿Alguien tiene la sensación de vivir en un pueblo fantasma? Los gobernantes dicen que no hay listas de espera, pero la gente dice que sí. Dicen que no hay chapapote, pero la gente dice que sí. Alguien se imagina al niño del Sexto Sentido diciendo: A veces veo chapapote..., a veces veo listas de espera..., y el político diciendo: «tú estás muerto niño, cállate ya». Con relación a las listas de espera, decir que con fecha 21-02-2003, el traumatólogo me remite a rehabilitación y a primeros de julio recibo una carta de la Seguridad Social, citándome para el 26 de agosto, es decir, 6 meses y 5 días de espera. Cuando llega el día, me dicen allí que ahora mismo no estoy tan mal, que lo que yo necesito es un preparador físico (pagado de mi bolsillo, claro) pero que si algún día vuelvo a tener contracturas fuertes, que vaya al médico para que me mande a rehabilitación a tratarlas. Y ahora digo yo, ¿para qué el traumatólogo? Cuando el neurocirujano me dijo que la Seguridad Social tenía que hacer más por mí, ¿a qué se refería? Yo no sabía que era para mandarme a un preparador físico después de esperar seis meses. Manuel A. Caridad García. A Coruña. A lectura da carta «Una vergüenza», publicada o 6-9-2003, anímame a escribir porque vivín o mesmo caso de J.P. e B.F. Tamén a presentación do meu proxecto docente, na mesma oposición para profesores de Inglés en Escolas Oficiais de Idiomas, mereceu, ¡oh, casualidade!, idéntica puntuación á súa: 3,9 (sobre 10. Curiosamente, o aprobado situábase a partir de 4). Cando o souben sentín rabia diante da parcialidade dos membros do tribunal cualificador e tamén a frustración de ser ninguneada por uns colegas aos que non considero con formación nin capacidade superior á miña -gustaríame confrontar currículos- ao ver como cualificaban, ou mellor dito: descualificaban, un traballo contrastado anteriormente con profesores do meu departamento no I.E.S. onde dou clases, así como con profesores da Escola Oficial de Idiomas, merecendo a súa total aprobación. ¿Queren dicir estes señores/as que son unha nulidade como profesora de Inglés? ¿Que non me valeu para nada facer o último curso de carreira en Cambridge, cunha bolsa Erasmus da Comunidade Europea? ¿Ser durante un ano lectora de Español en Milton Keynes? ¿Vivir e traballar durante tres anos en Inglaterra? ¿Ter realizado os cursos de Doutoramento? ¿Ser profesora de Inglés desde hai tres anos, data en que superei as oposicións a Institutos de Ensino Medio (Iso si: fóra de Galicia)? ¿É que os opositores que xa traballaban nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia sen praza definitiva (ocupeime de localizar por Internet o historial dos aprobados) son uns superdotados, para que as súas exposicións fosen cualificadas como o foron? No seu día presentei a correspondente reclamación na Consellería de Educación da Xunta de Galicia e aínda (non?) espero contestación. L.M. Las Palmas de Gran Canaria.