Nova York sen luces

| VÍCTOR F. FREIXANES |

OPINIÓN

15 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

TODO PROGRESO ten un prezo, igual que cada modelo de civilización. Esta é a nosa. Mellorable, cuestionable, mesmo radicalmente transformable. Pero a nosa, e desta realidade debemos partir para entender o que está sucedendo. Paul Virilo, filósófo francés, fala da velocidade coma unha das características do tempo contemporáneo. «A velocidade como senectude do mundo», di. Mesmo elaborou hai anos unha teoría do accidente que na miña opinión ten interese. Todo avance tecnolóxico, na medida en que forza e altera un equilibrio natural, implica un certo grao de sinistrabilidade. A sociedade contemporánea (industrial ou post-industrial) caracterízase, entre outras cousas, pola súa mobilidade e pola súa inestabilidade, sometida a constantes transformacións internas (tamén de carácter competitivo) e un forte compoñente tecnolóxico, sempre en estado de aceleración, sobre o que sostén o seu modelo de progreso. Canto máis progreso, máis capacidade teórica de benestar (outra cousa é como está repartida), pero tamén máis posibilidades de accidente. O Prestige foi un accidente, igual que o Tasman Spirit agora, medio embarrancado diante do porto de Karachi (Paquistán) con 60.000 toneladas de fuel a bordo. Un accidente que cómpre xestionar, e aquí é onde empeza a crítica ás autoridades responsables. O que acaba de suceder na refinería de Puertollano é outro accidente, de consecuencias tráxicas, polo que estamos a ver, e que ten antecedentes: nove mortos en dez anos. O xigantesco apagón que se vén de producir en Nova York e noutras cidades norteamericanas, dende os Grandes Lagos á costa do Atlántico, é un accidente, resultado en parte das carencias estructurais da zona, semellante ao que ocorreu xa en California no ano 2001. O modelo de crecemento nos Estados Unidos, coas súas cada vez maiores demandas de enerxía, hai tempo que está a poñer en evidencia as eivas do sistema, que é o noso, repito, fundamentado no elevadísimo consumo de recursos non sempre renovables. Case que o 50 por cento da enerxía eléctrica que consumen os Estados Unidos procede da combustión térmica de productos derivados do petróleo (o que acaso axude a entender tamén a guerra de Iraq). ¿Que modelo queremos para o futuro? ¿Que tipo de civilización? Non é pequena a pregunta. Fronte ao modelo de crecemento actual, que arrinca da industrialización do século XIX, baseada no consumo do carbón e do petróleo, ¿hai alternativa? O discurso Clinton-Al Gore, potenciando as chamadas novas tecnoloxías (non só da comunicación), ía en certo modo por aquí: iniciar procesos novos de cambio sen que os Estados Unidos perdesen a súa hexemonía. A crise do 2001, e en parte a chegada ao poder da administración Bush, frustrounos. O modelo Bush é o tradicional (a vella fórmula): control do mundo e dos mercados, control e ocupación das fontes enerxéticas, control ou anulación das institucións internacionais de arbitraxe (que necesariamente obrigan ao equilibrio e á discusión do reparto equitativo da riqueza disponible), potenciación do beneficio como motor primeiro (e privado) do crecemento... Investir en infraestructuras e en xestión é custoso. O modelo dominante consiste en estimular o beneficio a custa do menor investimento posible. A prevención, a seguridade pública (non privada), o mantenemento dos sistemas de control de risco (portos de abrigo, infraestructuras renovadas, equipos contra a contaminación, disposicións internacionais de obrigado cumprimento), a investigación, a educación, o cuidado do medio ambiente, valóranse coma custos engadidos, non estrictamente necesarios nas contas de explotación das empresas, que se xustifican a si mesmas non polo servicio que dan senón polo beneficio que obteñen, nunha escalada de crecemento constante no que ninguén albisca (nin define) o final. Esta é a nosa realidade. Una amiga mía, después de convencerla para que viniera a conocer Galicia, esto es lo que me cuenta para sacarme los colores: ?«Lo del pasaje ha sido una odisea que no me había pasado jamás con ningún destino. Desde los 18 años estoy dando vueltas por el mundo y he viajado mucho. Nunca tuve que dedicar horas cada día durante 4 o 5 días para conseguir un ticket. Me dicen que esto pasa siempre con Galicia, que hay muy pocos vuelos y que tiene el monopolio una sola compañía. Me dio pena por Galicia, por la cantidad de gente que pierden e ingresos por turismo». ?¿Qué me dicen?. José A. Morado. Santiago O día anterior da actuación de Tamara en Maceda dixéronme que lle ían lanzar ovos (é dicir, que xa estaba programado o batifondo, fixese o que fixese) Ó día seguinte vin nos xornais que tivera que suspender por esa batalla de tomates e ovos. Se non lles gusta, ¿para que van? Se lles gusta o alboroto, ¿por que non llos tiran ó alcalde ou á comisión de goberno que foron os que a contrataron? ¿Contra estes non son tan valentes? Por certo, non soporto a Tamara, pero para iso non sigo a súa farándula. E penso que cada un gana a vida como pode. Nós queremos que ela se gane así o soldo. Non vaiamos agora de intelectuais pola vida. Antonio Rivas. Baños de Molgas.