Bandeiras republicanas

OPINIÓN

10 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A TELEVISIÓN trae imaxes dunha concentración de xente nova. De cando en cando a cámara achega picariñas nas que agroman formas de muller. Vestidas de colexio, a sinxeleza do uniforme non priva dunha suxestión de seos a saltar e cadrís a abanear que condenarían duramente as avoas delas, señoras de veo e misal. As pequenas berran e aplauden, fan a onda cos brazos ergueitos, mostran rostros arroutados como as súas mais mostraban diante de poderosos cantantes, príncipes de soño erótico. Sorprende que a rapazada necesite animadores, mozas e mozos con cartón identificativo e consignas preparadas, que inducen ao grito en masa como os axitadores que pagaban as compañías discográficas cando se esboroaba o réxime da perpetua represión. Sorprenden tamén os adustísimos vestidos clericais e monacais mesturados coa roupa lixeira e colorida. E chama a atención tanta ledicia nas caras dos maiores á vista do espavento dos menores. Pero o que de verdade fai abraiar ao espectador é a criatura que provoca tal espectáculo televisado en directo, colocada alá na lonxura e na altura, teatralmente, ao xeito dos grandes ídolos da canción que forman parte dos «circenses» en sociedades nas que o pan non falta. Corcovado e case inmóbil, non se corresponde co estereotipo do cantante incitador ao paroxismo. Nin a súa popularidade en España chega minimamente á que lle concede o nacionalismo exacerbado dos seus compatriotas, que o expoñen en desmesurados retratos e mesmo o comparan con Chopin ao demandaren que, cando morra, o seu corazón embalsamado se garde en santuario patrio... Quizais el coide que eses mociños con bandeiras e pancartas xuntos no ermo madrileño son representación de todos os de España. Pero cómpre que alguén lle diga que faltaban os representantes dos que ven nel un ancián vencido pola doenza, tremente e babeante, un avoíño que non lles produce entusiasmo senón compaixón. Faltaban, si, porque alí non se viron bandeiras republicanas. Nos dignifican con lentitud; los licenciados en Educación Física que trabajamos en el ámbito de la preparación física ocupamos un espacio en la preparación de los equipos infravalorada hasta tiempos recientes (sobre todo en el mundo del fútbol). Desarrollamos nuestra profesión en un medio de poca o ninguna rigurosidad, poca formación, de miedos y de medias verdades. Al preparador físico es a quien se mira en caso de duda sobre el estado físico de los jugadores (bajo un criterio subjetivo, evidentemente) y por el contrario no todos disponemos de medios para valorar y entrenar objetivamente a nuestros deportistas, porque se considera un dispendio innecesario (ya que lo importante es el balón y «sólo tienen que correr»). Va siendo hora de reconocer y valorar los conocimientos de los licenciados en Educación Física también en el ámbito de la formación de deportistas y en la organización de la estructura deportiva de nuestros equipos y concellos, porque para eso la Ley del Deporte nos reconoce este estatus ante todo el maremagnum de titulaciones que hoy día existe. Eduardo Peláez Botas . Burela. Gustaríame saber de onde saca o señor Luís de Miranda (Cartas al Director, 01/05/03) a información sobre facer un exame de catalán para poder traballar en Cataluña, porque eu traballei en tres postos diferentes en Barcelona e en ningún me pediron falar catalán, é máis, que por só ser galego tiven máis facilidade para traballar. Pola miña conta estudiei catalán, sobre todo por unha razón, saber entenderme nun idioma que non é o meu, como fixen co español (pero este obrigado). É para botar a rir a afirmación de que o castelán está destinado a morrer en Cataluña, Euskadi ou Galicia. Sen meterme demasiado en materia, aquí temos: de seis cadeas de TV que recibimos, só unha emite en galego; todos os xornais agás A Nosa Terra e O Correo Galego editan o seu 90% en castelán; hai máis emisoras de radio en lingua galega en Barcelona que en toda Galicia; e por se fora pouco non coñezo ningún centro público de ensino que leve a punto a normativa de asignaturas dadas en galego; o presidente Fraga (para que se lle entenda algo, digo eu) fai as súas comparecencias en castelán. En fin, un longo etcétera. Bruno Rúa Martínez. Verín.