O contexto xeral Europa ten que baixar unha media do 8% do CO2 que emite (gas responsable do cambio climático), pero o esforzo non é igual para todos. Mentres que Alemaña ten que reducir un 20% respecto a 1990, España podería aínda incrementalas ata o 15%. EE.?UU. non asinou Quioto e a estas alturas todo o mundo sabe que a estes non hai quen lles obrigue a nada. Pasiño adiante, pasiño atrás En Europa, as emisións contaminantes son presa deste famoso ritmo latino; iso si, España vai co paso cambiado. Mentras que nos últimos cinco anos Europa avanzaba pasiño a pasiño na boa dirección do recorte de emisións, España daba longas zancadas en dirección contraria. Hoxe seguimos a contra pé, Europa retranquea mentres que nós viramos o timón no bo rumbo. Unha boa nova, ¿ou non? Por fin somos primeiros no eido ambiental nalgunha cousa en Europa. Unha nova incrible, se non fora porque so é un espellismo. O certo é que en anos anteriores deixamos os deberes sen facer, e hoxe seguimos a ser o país, xunto con Irlanda, co peor comportamento ante o cambio climático (un 23,8% lonxe do noso obxectivo de redución, mentras que o medio da UE está a 5,8%). A saída traseira Pero aínda que o problema é serio, os de sempre teñen xa unha chea de trucos para esquivar as obrigas. Mercar cuota de emisión a países en crise; prantar árbores; ou otras artimañas de dudoso resultado real pero que minimizarán os custos, estimados en mil millóns de euros/ano, que as empresas españolas terían que afrontar para reducir o seu volume de CO2. Os efectos en Galicia Hoxe a penas albiscamos as orellas ó lobo do cambio climático, en cambios de intensidade e frecuencia de fenómenos como El Niño , furacáns... pero os seus peores efectos, que a penas se poden prever, afectarían terriblemente a Galicia: profundas alteracións no contorno litoral, nas rías e a súa producción; cambio nos cultivos e usos do solo; máis incendios forestais, (aínda), etcétera.