CONTA o italiano César Cantú na súa Historia de América que un frade ofrécelle a confesión para salvarse do inferno a un indíxena condenado a morte antes que o executaran. O reo preguntoulle ó frade a onde ían os espa-ñois cando morrían e o frade díxolle que ó ceo, e o condenado negouse a confesar pois el non quería ir a onde fosen os españois. Poucas horas logo de que lle entregasen a folla de ruta ós dirixentes israelíes e palestinos para iniciar a solución ó problema, os esbirros dos ianquis asasinaron a doce palestinos, así aparentando un acordo cara ós europeos cunha man o arruinan coa outra. Leo neste xornal un traballo de Enrique Curiel sobre o peronismo. Estou totalmente de acordo co que di, que é o que se ve. Pero hai máis que sabemos os que estivemos cerca do lerio nun principio. foi a intervención dos EE.?UU. que facilitou a creación do peronismo, o que ten que ver moito co manexo da mecánica dos efectos contrarios. Polo ano 43, Perón foi secretario do Departamento de Traballo do Goberno de Farrell, posto dende o que se acercou aos sindicatos. No ano 46 celebráronse eleccións. Pola Unión Democrática preséntanse Tamborini e Mosca, e Perón por unha formación justicialista. O embaixador norteamericano Brandley fai inhas declaracións reiteradas e públicas apoiando a Tamborini e Mosca, o que lle vai facilitar a Perón a súa victoria, pos coñecido o descrédito que teñen na Arxentina os ingleses e os ianquis, aos que descalifican como gringos, abondoulle a Perón esgrimir na súa campaña o slogan «Brandley o yo», para asegurar o éxito, cousa que os militares formados en West Point, sabendo a maniobra, aceptaron de bo grado, aínda que nalgún intre, cando as masas tomaron en serio o que non era máis que demagoxia, e queimaron o Jockey Club, unha igrexa... tiveron que lle pór un paréntese. A Arxentina foi o gran fornecedor de trigo e carne chilled a Inglaterra durante a guerra, o que creou unha débeda a favor de Arxentina que os ingleses non lograban pagar. Por outra banda, os ferrocarrís arxentinos eran dos ingleses e estaban na ruína. Perón, mediante algunha compensación que lle ofreceron, preparou a operación: «Os explotadores ingleses teñen que devolvernos os nosos ferrocarrís...». Os ingleses liquidan a súa débeda entregándolle aos arxentinos os ruinosos ferrocarrís, que en mans dos novos propietarios foron aínda máis ruinosos. Un deses mandamáis ianquis dille aos iraquís: «O Iraq é voso», e pode que llo devolvan e abandonen case todo o país á súa sorte co lío de etnias e de crenzas que teñen. Mais non dirán ren da propiedade do petróleo a través das sociedades (moi) anónimas. Agora os ianquis anuncian que van deixar a presencia militar na Arabia Saudí, porque é molesta para moitos musulmáns que chegan á Meca. Certo que agora xa teñen o petróleo iraquí como contrapunto ao de Arabia. Xa veremos... Os ianquis pídenlle aos povos, con gobernos que apoiarona guerra do Iraq, que voten pro eles, porque están del lado bueno. E un pensa se semellante pedido -un tanto inconscente- non terá efectos semellantes á proposta do frade ao reo americano.