11 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Que lo nombren ministro. Al Juan Pardo, coño. Se lo merece. Todos somos Galicia. Todos. Sobre todo Lolita Flores e a súa homenaxe ao percebe. Despois do visto o pasado martes en TVE a un, escéptico irrecuperable, éntranlle ganas de saír correndo. A Australia, ou así. O goberno quere recuperar a súa imaxe de eficacia, y todo va bien, e acode aos medios amigos con celeridade. Escollen a Pedro Ruiz para o evento: ese hombre. Y Galicia somos todos. Tan verde, tan de lluvia, tan desafortunada, la pobre. ¡Qué tropa! Mentres este periódico leva un mes intentando restituír a dignidade dun país, outros (a sus órdenes, señor presidente) han de dedicar o seu tempo á vanagloria, ao sofisma, ao aplauso: confiar nos responsables (Juan Pardo), no Mar Exeo foi moito peor (un avogado), qué pena (Marta Sánchez, Lina Morgan...). Debían montar unha tómbola da caridade. Y las señoronas de alcurnia recogiendo fondos en las plazas. Pero a realidade é outra. A realidade é un puñal en medio da alma. Este país non pide esmola: reclama Xustiza. Porque a dignidade dun pobo non se compra con ouro e afectismo barato. ¿Ou si? Non, non, digo non. Xa saben, son un home condenado á esperanza. (Y a ti, Juan Pardo, que te nombren ministro).