SE 13 bispos non rubricaron un documento é porque o escrito implicaba a intanxibilidade da Constitución e a negativa a que os nacionalismos vaian adiante. Pero os respectivos pobos -catalán e vasco-, mamaron no peito da nai-Nación: é unha nacencia ou natividade, cultura orixinal que o padrastro Estado ou superestructura esmaga. Roma optou pola forma de institución monárquica. Non era así nos primeiros tempos do Cristianismo. O factor étnico non é un teimudo capricho de cristiáns politizados . O Evanxeo ten que se inculturar. Dende que naceu o cristianismo os discípulos de Xesús divídense para formar comunidades diferenciadas, non sen tensións. O conflicto entre hebreos e helenistas aparece de inmediato creando dinámica profética. Se o himno galego convida ó fogar de Breogán -Galicia-, a que esperte do seu sono, o evanxeo de Marcos estimúlanos á vixilancia neste tempo de Advento. Que non se diga, con Alfred Loisy, que agardabamos polo Reino e o que chegou foi a Igrexa.