O PASADO xoves, en Ourense, Santiago Rey Fernández-Latorre dictou unha lección inolvidable: por lúcida, por intrépida, por sincera. Un, que a penas sae de Verín (¿para que?), de cando en vez percorre algún quilómetro, non demasiados, por pura intuición. A intuición nunca falla. O patrón da Voz falou dos perigos do localismo, das Axencias da mentira, da necesidade de independencia, da prensa madrileña... e da adversidade. A adversidade é unha condena. Este país sábeo ben. Unha marea negra parece flotar, eterna, sobre Galicia. A marea negra ás veces chámase Prestige, ás veces AVE, emigración, autovías con retraso, infortunio. Y no nos libra ni Dios. Ao final só nos salva o amor. Amar a esperanza, que, como a adversidade, é tamén unha condena. Os que estamos condenados á esperanza sabemos que, no horizonte, agarda a Galicia Luminosa que este periódico define e defende cada día. Los periódicos son hijos de hombres enamorados de una comunidad a la que son fieles, dixo Santiago Rey Fernández-Latorre. ¿Por qué será que echo en falta esa fidelidad en los discursos de los mandatarios que hablan de nuestra marea negra? Prestige , AVE, emigración: a los hombres enamorados se nos cae la cara de pena (o de vergüenza, maldita sea).